RESULTADOS e IMAXES da 1ª CLASIFICATORIA ATLETISMO EN PISTA (sábado 14 abril, Lugo)

Publicado por: Lucus Atletismo

iclasificatoria_xogade140218----.png
 
Fantásticos os resultados acadados polos/as atletas participantes da Escola de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega na I CLASIFICATORIA de atletismo en pista, que tivo lugar o pasado sábado 14 de abril nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera, en Lugo. Seguide lendo para coñecelos e ver as imaxes do día que, como non podía ser doutro xeito, inclúen as máis divertidas na EDICIÓN FAILS!
A xornada comezaba arredor das 11 da mañá cos primeiros concursos e probas valadas e remataría sobre as 20h da tarde, coas carreiras de medio fondo e marcha. En canto aos resultados, non podemos estar máis contentos/as cos 32 primeiros postos acadados polos/as máis pequenos/as, que podedes consultar no seguinte enlace (medallistas por probas), así como polos resultados globais conseguidos e a mellora de gran parte dos nosos atletas, que desfrutaron da xornada e sumaron unha experiencia máis.

Xa por parte do club, temos que dar a noraboa tamén á categoría cadete, que conseguiu un total de 12 primeiros postos liderando as diversas probas da xornada, entre os que destacaron Diego Piñeiro e Narciso Fernández nas probas de velocidade masculinas e na categoría feminina Brenda Lence, Iria Brea, Natalia BarrioCarla Mourelle, esta última con podio nas tres probas que realizou (100m.l., lonxitude e altura).

resultadosbotn.png
 imaxesbotn.png imaxes-fails_botn.png 
 
Vémonos o próximo domingo 29 de abril na segunda xornada, 

GRANDE NORABOA!!
 

Enlace con la noticia original: RESULTADOS e IMAXES da 1ª CLASIFICATORIA ATLETISMO EN PISTA (sábado 14 abril, Lugo)

Mas noticias relacionadas