Mila López vestiuse de líder na Copa de España de Ciclismo Adaptado

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A terceira xornada da Copa de España de Ciclismo Adaptado provocou un cambio no máis alto da clasificación xeral de WH4. A galega Mila López (IFIT) venceu na I Prueba Ciclista Expomedsalud celebrada en Torre-Pacheco (Murcia) e este resultado situouna como líder. 

Agora a baionesa comanda táboa con 168 puntos, superando en 48 a Ione Basterra (Saiatu). A cuarta xornada deste certame disputarase en Los Corrales de Buelna (Cantabria). 

Quedan 7 carreiras da Copa de España, este ano hai máis, co cal é máis gasto. Se algunha empresa quere colaborar a que esté alí… ¡Será de gran axuda!", publicou Mila López nas súas redes sociais. 


Enlace con la noticia original: Mila López vestiuse de líder na Copa de España de Ciclismo Adaptado

Mas noticias relacionadas