DOUS BRONCES NO SUB14 DE CLUBS

Publicado por: Ourense Atletismo

Ourense Atletismo conseguiu dous bronces no Campionato Galego de Clubs sub14. Espectacular a tempada que están a facer na Escola de atletismo do noso club, que se ve especialmente recompensada na categoría dos máis maiores, con algúns dos atletas adestrando xa nos grupos avanzados.

Ambos os dous equipos remataron con folgura na terceira posición. Os rapaces conseguindo 103 puntos, entre os 124 da S.G. Pontevedra e os 82 do R.C. Celta. No caso das mulleres, colleitaron 172.5 puntos, estando entre os 179 no Narón e os 158 do Atletismo Feminino Celta. Na clasificación conxunta tamén obtivemos a terceira praza con 275.5 puntos, por detrás da S.G. Pontevedra (327 p.) e Narón (304 p.) e tendo de inmediato perseguidor á Purísima (199 p.).

A nivel individual quedaron entre os tres primeiros en homes:

• Marcos Abeso, 2º 150 (20.16)
Marcos Abeso, 2º 80 valos (15.48)
• Nicolás González, 2º 500 (1:18.81)
• Marco Pereira, 1º pértega (1.80)
• Alejandro Blanco, 3º lonxitude (4.72)
• Ángel Araújo, 3º triplo (8.65)
• Alan Cadavid, 2º martelo (45.53) (pertencente ao noso filial Ames)
• 4×80, 1º (43.21) con David GarcíaAlejandro BlancoNicolás GonzálezAntón Rodríguez

En mulleres:

• Ana Sierra, 1ª 80 (10.66)
• Leire Díaz, 3ª 500 (21.94)
• Lucía Quintas, 2ª altura (1.41)
• Daniela Peliquín, 3ª pértega (1.60) (pertencente ao filial Xuncas Diversia)
• Xiana Ortega, 3ª lonxitude (4.53)
• Naia Bermejo, 2ª triplo (9.49)
• Aroa Sánchez, 3ª disco (19.02)
• Sara Vázquez, 2ª xabelina (26.28) (do noso filial A Silva)
• 4×80, 1ª (43.29) con Ana SierraXiana OrtegaCarla NietoNaia Bermejo

Fantásticos resultados que nos seguen colocando entre os mellores clubs de Galicia.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA CLUBS SUB 14

La entrada DOUS BRONCES NO SUB14 DE CLUBS apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: DOUS BRONCES NO SUB14 DE CLUBS

Mas noticias relacionadas