Publicado por: F.G. Atletismo
A capital da India, Nueva Delhi, acollerá entre o sábado 27 de septembre e o domingo 5 de ocutubro o Campionato do Mundo de Atletismo Paralímpico que contará ca participación de máis de 1.000 deportistas achegados de máis dun cento de paieses, entre os cales estarán as nosas representantes Adi Iglesias e Desi Vila xunto xunto a unha treintena máis de atletas españois.
O equipo hispano estará formado por 27 atletas con discapacidad (15 homes e 12 mulleres) e cinco deportistas de apoio. Entre os máis laureados atopánse a campiona paralímpica en Tokio 2020 e plusmarquista galega absoluta dos 200 m. Adi Iglesias da Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC) a quen veremos tomar parte neste campionato xunto a Desi Vila da Federación Española de deportes de Personas con discapacidades Físicas (FEDDF) e a quen poidemos seguir no pasado Campinato absoluto de atletismo celebrado en Santiago sobre a proba de lonxitude.
A competición celebrarase no Estadio JLN Stadium construido en 1982 para acoller os Xogos Asiáticos e remodelado en 2010 para a celebración dos Xogos da Commonwealth e que teñen unha capacidad para 60.000 espectadores. O Mundial convertiráse no maior evento de deporte paralímpico celebrado neste país.
As probas desenvolveranse en dobre sesión, a matinal será de 9:00 a 11:30 (5:30 a 8:00 en España) e aa sesión vespertina tená lugar de 17:00 a 20:30 (13:30 a 16:50 hora española)
O artigo Adi e Desi xa se atopan na India para tomar parte nos Mundiais publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Adi e Desi xa se atopan na India para tomar parte nos Mundiais