RESULTADOS dos CAMPIONATOS DE ESPAÑA en Pista Cuberta (máster e sub20)

Publicado por: Lucus Atletismo

ctosespaapc_2-3-40318_resultados.jpg
 
Comezamos este luns cos excelentes RESULTADOS acadados nos CAMPIONATOS DE ESPAÑA que tiveron lugar esta pasada fin de semana en Salamanca e Ourense, para as categorías máster e sub20 (xunior). Entrade na noticia para coñecer a actuación do Lucus Caixa Rural Galega!
CAMPIONATO DE ESPAÑA MÁSTER EN PC 
(2, 3 e 4 marzo, Salamanca)
 
A xornada deste Campionato nacional para a categoría máster daba comezo a tarde do venres coas primeiras probas desta fin de semana, que remataría na mañá do domingo. Tras o abandono de Juan Antonio Gude na proba dos 3.000m.l., sería Xabier Díaz Fernández o único representante do Lucus Caixa Rural Galega, que remataría a súa serie cun tempo de 9:30.62, preto da súa mellor marca da tempada. Pero, sen dúbida, a vencedora absoluta deste Campionato sería a nosa atleta feminina Ros Sureda González, que conseguiría colgarse as dúas medallas de ouro nas probas de altura e salto de lonxitude, sendo bicampiona na súa categoría, cunhas marcas de 1.32 e 4.29m. respectivamente; esta última o seu mellor rexistro da tempada. Tamén destacou na proba dos 200m.l., nos que rozou o podio cun 4º posto na categoría feminina, logo de quedar subcampiona da súa serie nas semifinais, cun tempo de 30.43 e rematar a final nos 29.90, ambas as dúas mellores marcas persoais desta tempada actual. 

resultadosbotn.png
 
 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB20 EN PC 
(3 e 4 marzo, Ourense)
 
Na pista cuberta Expourense os resultados tamén serían destacados. Na xornada do sábado, Santiago Rozas Trastoy remataría a súa serie eliminatoria dos 60m.v. no 1º posto, cun tempo de 8.26, pasando ás semifinais que terían lugar nas últimas horas da xornada. Na semifinal, faríase co paso directo á final rematando a súa serie na terceira posición, cun tempo 8.28 e, xa na fase final da xornada do domingo, acadaría o 7º posto cunha marca de 8.39. En canto á categoría feminina, Adiaratou Camara remataría a súa participación nas rondas eliminatorias dos 60m.l., cun tempo de 8.05, rondando a súa marca habitual.

resultadosbotn.png

  

NORABOA A TODOS/AS!!
 

Enlace con la noticia original: RESULTADOS dos CAMPIONATOS DE ESPAÑA en Pista Cuberta (máster e sub20)

Mas noticias relacionadas