DOUS NOVENOS POSTOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Publicado por: Ourense Atletismo

Dous novenos postos no Campionato de España Absoluto celebrado esta fin de semana en Torrent. Fantástica actuación tanto de Carmen Escariz como de Blanca Pereira na cidade valenciá.

O venres pola tarde foi o momento de Blanca Pereira, onde a pesar nos nervios tras facer nulos os dous primeiros lanzamentos, realizou un terceiro de 52.76 que lle permitiu ser novena, a menos de metro e medio da seguinte clasificada, que lle tería dado un posto válido para pasar á mellor e, á postre, quedar de finalista.

O sábado pola mañán foi o turno das marchadoras. Carmen Escariz participou cunha boa actuación nos 10.000 metros establecendo a marca da tempada con 49:06.87. A atleta foi a undécima na xeral, pero a novena española, posto que dúas das atletas que quedaron por diante eran australianas que competían fóra de concurso. A atleta que rematou na oitava posición fixo 32 segundos menos e tería que ter mellorado a súa marca persoal en dous segundos para alcanzala.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

CIII CAMPEONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO

La entrada DOUS NOVENOS POSTOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: DOUS NOVENOS POSTOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Mas noticias relacionadas