DÚAS MEDALLAS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CROSS

Publicado por: Ourense Atletismo

Dúas medallas nos campionatos de España de cross  celebrados esta fin de semana en Getafe é o balance do Club Ourense Atletismo. No Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Campo a través Sub16 e Sub18 e inclusivo, o noso atleta Ibrahim Adamou logrou o ouro coa selección de Galicia. A nivel individual destacar o seu 22° posición no seu debut. Comezo prometedor do noso xoven atleta.

Ao días seguinte celebrouse o Campionato de España Campo a Través Individual e de Federacións. Leyla Villar foi subcampioa de España por Equipos Sub20 coa selección galega contribuíndo cun fantástico 12º posto individual. Galicia foi sétima en relevos mixtos con Antía Abad e Begoña Domínguez como representantes do noso club e do combinado galego. Na proba absoluta feminina, onde participaba Itziar Manso, quen no puido finalizar a prueba, Galicia quedou en decimoterceira posición.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

Campionato de España de Campo a Través Sub16, Sub18 e Inclusivo por Federacións Autonómicas

Campionato de España de Campo a Través

La entrada DÚAS MEDALLAS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CROSS apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: DÚAS MEDALLAS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CROSS

Mas noticias relacionadas