El Medhi El Nabaoui estrea internacionalidade

Publicado por: F.G. Atletismo

O Atleta do Club Atletismo San Paio A Estrada El Medhi El Nabaoui acaba de ser seleccioado para tomar parte no Campinato do Mundo de Campo a Través que se desenvolverá os días do 2 ó 7 de abril en París.

Con esta chamada o xoven valor do atletismo galego, fará o su debut ca selección nacional logo de completar un ano na que acadaría o primeiro posto no Campionato de España do CSD e Nacional por Clubes de campo a través. Da mesma maneira destacaría na pista cuberta na que se chegaría a proclamar Campión de España en Antequera nos 3.000 m. proba esta última na que ten acreditados 4:08.31 que o fan estar á cabeza de maneira destacada no ranking nacional da distancia.

Para saber un pouco máis de como viviu esta chamada da selección, puxémonos en contacto co seu adestrador e Director Deportivo do C.D. San Paio A Estrada Angel Bugallo, que dende os primeros intres guía a preparación deste atleta que o pasado dia 30 de xaneiro cumpliría 16 anos.

Antes de nada parabéns por esa selección… “Moitas grazas, para El Medhi é a primera ocasión na que acudirá ca selección xa que ten o “problema” da nacionalidade, de feito esta convocatoria pillounos a todos por sorpresa xa que ó ver os criterios de selección para o campionato do mundo na que entraba, puxénme en contacto con Ramón Cid (Director Técnico da RFEA), onde me confirmaría que en principio os atletas sin nacionalidade non acudirían, co cal esquecímonos do asunto. Máis adiante, e logo do acadar o trunfo no Campionato de España en Murcia, chamáronme da RFEA para informarme que estiveran estudando a súa situación. No transcurso da chamada expuxeron que era cuestión de tempo que Medhi conseguise a nacionalidade xa que os inmigrantes magrebís esíxeselles dez anos de residencia en España para acadar a nacionalidade e o pai, que leva 12, atópabase nestos intres en disposición de acadala, co que era unha mera cuestión de trámite”

Para tratar de buscar unha solución que permitirá a súa participación adoptouse un compromiso ca RFEA… Comprometímonos (atleta, familiares e eu) por escrito a que tanto no presente como nun futuro, El Medhi renunciara a representar a outra selección que no fuera a española como requisito a que pudiera ser preseleccionado para el mundial xa que estaban moi interesados na súa convocatoria. Malia elo, e por tratarse do máis novo de todos, non contabamos con moitas opcións, ata o dia de hoxe na que se confirmaría a súa selección”

Imaxinamos que acollería con moita ledicia esta convocatoria que representa o seu debut ca selección… “Sí,  a verdade e que moitísima. A historia de El Medhi é moi curiosa xa que el comezaría neste mundo case sen querer, de casualidade. Fai catro anos principiou neste deporte a través de alguén que o animou a probar xa que nin él, nin o seu entorno, pensaban que tiña cualidades, de feito cando comenzou a gañar medallas decía que o seu soño era paracerse a Miguel González, Adrián Ben, Tariku Novales…  atletas nos que se miraba, malia que na intimidade -recoñoce-  o seu gran ídolo é Hicham El Guerrouj polos seus oríxes humildes e polo seu lento pero firme crecemento deportivo que o levarían a convertirse no gran atleta que foi.”

 Falándonos da tempada de verán, sorprende escoitar que  “Adestramos catro días á semana na que só facemos un día de calidade, centrando o resto básicamente na técnica”  Recoñece que esta cita obligaría a cambiar certos planes  “Con todo esto, cambiamos os plans xa que desexabamos tomar parte no 5.000 m. do nacional de abril pero co Mundial continuaremos un poco na misma dinámica e línea que viñamos mantendo ata o de agora” En ralación a tempada de aire libre “… temos unha forma de adestrar que consiste en non obsesionarnos cos rexistros. Pretendo facer que compita en varias probas unicamente ca finalidade de que aprenda e acumele sensacións e experiencias como con algún 1.500 m. para que experimente unha proba máis táctica ou mesmo en algún obstáculo proba que lle chama moito a atención”

Pois así recibiron e así preparan El Medhi e o seu adestrador Angel Bugallo, esta importante cita que vai representar a súa estrea no atletismo internacional.

CIRCULAR

O artigo El Medhi El Nabaoui estrea internacionalidade publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: El Medhi El Nabaoui estrea internacionalidade

Mas noticias relacionadas