Eleccións a RFEA

Publicado por: F.G. Atletismo

O mércores día 21 de outubro están chamados a votar en toda España todos os estamentos atléticos que decidirán a futura composición da Asemblea Xeral da RFEA.

Na nosa comunidade serán as sedes da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago, Ferrol e o Barco quenes formen as distintas mesas electorais que abrirán as súas portas de 17.00 a 20.00 horas.

As datas máis significativas do calendario electoral serán o 22 de outubro ca proclamación dos elexidos para membros da Asemblea, que dará paso un dia despois a  Convocatoria da Asemblea extraordinaria para elección de Presidente e Comisión delegada. Unha vez pasados os prazos de reclamacións e de impugnacións, reunirase a nova Asemblea Xeral que votará finalmente o día 28 de novembro ao novo presidente/a entre os candidatos/as.

Lembramos que a distribución da Asemblea Xeral da R.F.E.A. está composta por 162 membros, dos cales 19 son natos por razón do seu cargo e 142 electos.

Mesas electorais en Galicia

Información electoral RFEA

O artigo Eleccións a RFEA publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Eleccións a RFEA

Mas noticias relacionadas