EMILIA MESA BATE 6 RÉCORDS GALEGOS E 1 DE ESPAÑA

Publicado por: Ourense Atletismo

O sábado 22, ademáis da Copa de Galicia de Clubs, celebrouse nas pistas de Balaídos o Campionato Xunta de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos Máster coa participación de Emilia Mesa por parte do noso club. A súa espectacular actuación deu como premio un total de 6 récords galegos e 1 de España na categoría W70, ao facer récord en tódalas probas do péntatlon.

As marcas foron:

– Martelo 3kg 20.96
– Peso 3kg 7.48
– Disco 1kg 17.56
– Xavelina 500gr 23.49
– Martelo pesado 5.45kg 7.99
– Péntatlon lanzamentos 3.522 puntos.

Todos estes resultados foron récord galego e ademáis o de lanzamento de xavelina é tamén récord de España.

Por suposto, foi a gañadora do campionato.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campionato Xunta de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos Máster

La entrada EMILIA MESA BATE 6 RÉCORDS GALEGOS E 1 DE ESPAÑA apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: EMILIA MESA BATE 6 RÉCORDS GALEGOS E 1 DE ESPAÑA

Mas noticias relacionadas