Entrega dos premios do IX Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña

Publicado por: F.G. Atletismo

O vindeiro día 15 de marzo ás 19:30 horas no Pazo de Mariñán de Bergondo, faranse entrega dos premios do IX Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña do ano 2023

Como todos os anos, a Deputación da Coruña e Federación Galega organizan a entrega de trofeos que premian a os participantes de ambas categorías que ao longo do circuito 2023 se fixeran merecedores dos mesmos.

O Circuito Deputación 2023 chegaba a súa novena edición formado por un total de 35 carreiras que se foron desenvolvendo ao longo e ancho de toda a provincia da Coruña. Pola mesma pasarían máis de 15.000 atletas de distintas categorías, clubs, motivacións e condición que dotaban a este evento dunha importante capacacidade dinamizadora e vertebradora a nivel social, así como de ferramenta útil para promover os hábitos de vida saudables a nivel deporte-saude

Edición do ano 2024

Pola súa banda, xa está publicada a normativa de probas que integran para este 2024 o X Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña  que de igual modo estará formado por total de 35. A primeira delas arrincará no Concello de Camariñas o vindeiro día 10 de marzo rematando o 22 de decembro ca disputa da clásica Sin-Son do Porto do Son.

O artigo Entrega dos premios do IX Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Entrega dos premios do IX Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña

Mas noticias relacionadas