VII LIGA ABANCA DE CATEGORÍA MENORES – FASE FINAL (sábado 22 decembro, Ourense)

Publicado por: Lucus Atletismo

Dous equipos do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA clasificados para a FASE FINAL da VII LIGA GALEGA ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES, que terá lugar o próximo sábado 22 de decembro, en horario de mañá e de tarde, nas mesmas instalacións ca Fase Clasificatoria, a Pista Cuberta de Ourense (Expourense).

Esta mañá espertamos coa noticia de que os equipos SUB12 feminino e SUB14 masculino clasificáranse logo da participación o pasado sábado na Fase Clasificatoria, xunto cos compañeiros da localidade ourensá. Tras unha participación excelente e o debut da gran parte dos equipos SUB12 e SUB14, non podemos estar máis ilusionados por coñecer que dous deles conseguiron o pase á final da vindeira fin de semana, na que se reúnen os tres mellores de cada fase previa e os cinco coa mellor puntuación nun encontro virtual a nivel galego.

Polo tanto, tocaranos viaxar de novo ata a provincia de Ourense a loitar polo triunfo, dando o mellor de nós e desfrutando da xornada, ademais de fortalecendo a unión como equipo que tanto se fomenta neste tipo de probas colectivas nas que os/as atletas experimentan a convivencia e a cooperación, cunha dose de competitividade en estado puro.

Deixamos aquí os RESULTADOS obtidos na Fase Clasificatoria do pasado sábado 15 de decembro, así como os demais equipos que participarán nesta Fase Final e algunhas imaxes da xornada, que estarán dispoñibles proximamente.

👉 Regulamento e horario provisional 👉 Equipos Clasificados (provisionais)

A plan de viaxe actualizarase nesta mesma páxina a finais da semana, unha vez recibidas todas as confirmacións. Se aínda non o fixeches, confirma xa a túa participación para esta Fase Final a través da imaxe posterior (cubrindo o formulario). Tes de prazo límite ata o mércores 19 de decembro ás 22:00 horas!!

NORABOA A TODOS OS EQUIPOS QUE PARTICIPARON!

 

 

 


Enlace con la noticia original: VII LIGA ABANCA DE CATEGORÍA MENORES – FASE FINAL (sábado 22 decembro, Ourense)

Mas noticias relacionadas