Publicado por: Ourense Atletismo
O día 6 de xuño disputouse o XLIII Trofeo SGP – III Xornada XXXI Trofeo Froiz, dous dos nosos atletas estarían nesa competición. Na proba dos 600 mts Antia Castro situouse 1ª cun rexistro de 01:44.43, mentres que o outro representante Diego Babarro compitiría na proba dos 1.500 mts, situandose no 18º posto cun tempo de 04:46.74.
Outro trofeo onde tamén tivemos representación sería no IIº Trofeo Atletismo Barbanza – Letras Galegas. A atleta Andrea del Campo participaría na proba dos 100 mts onde acadou un tempo de 14.19 e situouse na 8ª posición. Quixo o mesmo tempo mellorar a marca que tiña na proba dos 300 mts na que acadou cun tempo de 54.02 a 7ª posición.
Por último esta semana estivemos tamén representados na cidade de Vigo na Vª Xornada III Circuito Concello de Vigo – Series Municipais. Ata esa competición desprazaronse alguns atletas do club como foi o caso de Álvaro Díaz, quen na proba dos 600 mts acadau o 1º posto cun tempo de 01:35.48, idéntica posición acadaría Antía Castro cun rexistro de 01:43.33, Clara Mijangos era 4ª facendo un crono de 01:49.56 na mesma proba.
Chegaba o tempo da proba dos 800 mts onde Roberto Espiña era 9º facendo un tempo de 02:12.70 e Martín Míguez era 10º con 02:13.23. Na categoría de mulleres María Novoa foi 8ª con rexistro de 02:32.07.
Nas probas de fondo tivemos dous participantes; Aroa Fernández nos 1000 mts que colocouse 5ª cun tempo de 03:36.07 e nos 3000 mts Martín Rivera era 5º facendo un tempo de 09:41.17.
Enlace con la noticia original: Resultados Competiciones Oficiales.