ESTEBAN IGLESIA E LAURA SANTOS COA SELECCIÓN GALEGA DE CAMPO A TRAVÉS

Publicado por: Lucus Atletismo

Esta semana coñecíase a lista definitiva cos/as atletas que formarán parte da Selección Galega no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS, que finalmente se disputará en Getafe o vindeiro domingo 28 de febreiro e no que tomarán parte as categorías SUB20, SUB23 e Absoluta.

Será nesta última na que sumarán esforzos os nosos atletas do sector de fondo, Esteban Iglesia Vila e Laura Santos Domínguez, nunha carreira de 10.000 metros que poderedes seguir a partir das 14:45 horas en directo. Na categoría masculina, Esteban defenderá o seu mellor rexistro de 30:51.37, mentres que na feminina será Laura a que persiga a súa mellor marca. Deixámosvos o regulamento e o enlace para que poidades seguir os resultados.

 

MOITO ÉXITO ESTA FIN DE SEMANA, FONDISTAS!!

Enlace con la noticia original: ESTEBAN IGLESIA E LAURA SANTOS COA SELECCIÓN GALEGA DE CAMPO A TRAVÉS

Mas noticias relacionadas