Excelente actuación dos nosos infantís no XOGADE Zonal Infantil en pista en Vigo

Publicado por: S.G.Pontevedra

Celebrouse  o domingo día 22 de abril unha nova xornada do XOGADE Zonal Infantil en pista, esta vez nas pistas de Balaídos con fantásticos resultados por parte dos nosos atletas SUB14  da SGP.

Carla Rivas proclamouse vencedora no salto de altura cun salto de 1.34 m, sendo ademáis segunda no triplo salto cunha marca de 8.22. En triplo salto Sofía Rivas acadaría  a terceira posición cun salto de 7.80m.

Alejandro Villaverde conseguiría nada menos que tres segundas posicións : nos 80 valos con 16.86 sg, nos 220 valos con 37.90 sg y no salto con pértega con 1.70 m.

Paloma Puig sería segunda no lanzamento de disco con 14.95 m.

Matias Moldes obtivo dous terceiros postos, nos 80 valos con 17.13 sg e no  salto de lonxitude con 3.83 m.

 Addis Gallego Cabanelas finalizou terceira nos 1000 metros cunha marca de 3:29:27.

Antón Sotelo foi terceiro nos 80 lisos  con 11.73 sg

Miguel Garcia Taboada finalizou en terceiro lugar no lanzamento de martelo cun mellor lanzamento de 12.82 metros.

Parabéns a todo-los participantes  e a seguir adestrando que pronto chega o Xogade provincial.

Resultados

 

La entrada Excelente actuación dos nosos infantís no XOGADE Zonal Infantil en pista en Vigo aparece primero en Sociedad Gimnastica de Pontevedra.


Enlace con la noticia original: Excelente actuación dos nosos infantís no XOGADE Zonal Infantil en pista en Vigo

Mas noticias relacionadas