Publicado por: F.G. Atletismo
Continúan a desenvolverse as distintas actividades do Plan Galego de Técnificación Atlética en cada un dos seus distintos sectores. En concreto e aproveitando estas datas do nadal, se está a desenvolver estes días baixo a dirección do responsable do sector de Medio Fondo e Fondo da FGA José Manuel Peña, unha concentración do seu sector na pista cuberta de Ourense.
A esta cita, na que están tomando parte tanto atletas como adestradores, a tónica dominante está a ser tanto o formidable ambiente de traballo como o compañerismo existente. Da mesma maneira no día de hoxe contariase ca presencia do atleta internacional Miguel González Carballada quen estaría compartindo unha charla co grupo de concentrados e na que se falaría entre outros temas tando dos valores do deporte, como da xestión do éxito deportivo.
Concentración do sector medio fondo e fondo
O artigo Éxito da concentración de fondo e medio fondo publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Éxito da concentración de fondo e medio fondo