III XORNADA – LIGA GALEGA ABANCA (sábado 30 novembro, Lugo)

Publicado por: Lucus Atletismo

Rematamos o mes de novembro nunha fin de semana completa de competicións escolares, coa última das xornadas clasificatorias da LIGA GALEGA ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES mañá sábado 30 de novembro nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera. Igual que as anteriores, será en horario de mañá e abarcará probas de pista cuberta e de aire libre, onde se repetirán as carreiras de velocidade e valados da primeira xornada e se disputarán os emocionantes relevos por equipos.

Deixámosvos por aquí o horario definitivo das probas, as listas de inscricións, o regulamento da competición e o enlace para seguir os resultados en directo, onde podedes consultar as probas nas que estades inscritas ou inscritos e a hora das mesmas.

HORARIO DEFINITIVO

Probas Aire Libre (500 m. l.)

Probas Pista Cuberta (as restantes)

Como de costume, lembrade as recomendacións habituais para as competicións:

  • Acudir, polo menos, 50 minutos antes da hora da proba (para recoller dorsal e facer o quecemento previo).
  • Levar o documento de identidade.
  • Traer imperdibles para colocar o dorsal (nesta última xornada podes quedar con el).
  • Utilizar as zapatillas de cravos (en caso de telas) para as probas que o requiran.
  • Aprender da experiencia e dar o mellor de ti co equipo.
AGARDÁMOSVOS MAÑÁ NAS PISTAS!

Enlace con la noticia original: III XORNADA – LIGA GALEGA ABANCA (sábado 30 novembro, Lugo)

Mas noticias relacionadas