CAMPIONATO DE GALICIA CAMPO A TRAVÉS individual e por equipos (3 febreiro, As Pontes)

Publicado por: Lucus Atletismo

Esta fin de semana acollerá o CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS INDIVIDUAL E POR EQUIPOS, no que as categorías SUB20, SUB23 e absoluta loitarán por conseguir os títulos galegos nesta modalidade, nunha data previa ao vindeiro Campionato de España por seleccións.

O circuíto escollido para a ocasión foi o Lago de As Pontes, na provincia coruñesa, onde os/as atletas máis destacados dos distintos clubs terán o oportunidade de lucirse este domingo 3 de febreiro, nun dos acontecementos máis importantes do atletismo no relativo a esta especialidade de cross. Por parte do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, Paula Castro-Gil será a primeira das nosas fondistas en participar na SUB20 feminina de 5km, ás 10:30 horas; á que seguirá Laura Santos na categoría SUB23 e absoluta, unha das favoritas na carreira das 11:35h, que percorre preto dos 9.000 metros.

© Imaxe de portada, tomada por Fotocarlosgrafias.

En canto aos rapaces, na SUB20 masculina estarán Kevin Darriba, Agustín Cordero e Ismael Francos presentes ás 11:00 horas nos seus 7.000 metros de percorrido. E pechando a xornada ás 12:35h, serán Xabier Rodríguez, Marco Fernández e Daniel Pérez os representantes do Lucus na categoría SUB23; mentres que Manuel Eiras, Nicolás Arrojo, Xabier Díaz, Juan Gude e Esteban Iglesia farán o seu na absoluta, nun circuíto total de 9km.

© Imaxe tomada por Fotocarlosgrafías.

Sen máis, deixámosvos información relativa á competición e o enlace para poder seguir os resultados en directo!

Regulamento e horario Sorteo de caixóns e circuíto
MOITO ÉXITO, FONDISTAS!!

Enlace con la noticia original: CAMPIONATO DE GALICIA CAMPO A TRAVÉS individual e por equipos (3 febreiro, As Pontes)

Mas noticias relacionadas