Publicado por: F.G. Atletismo
Nada menos que un total de cinco campionatos de España serán aos que esta fin de semana acudan un importante número de atletas galegos e galegas na procura dun bo resultado.
- Campionato de España de Lanzamentos longos de inverno (Jaén, 24 de febrero)
Ata a provincia andaluza de Jaén acuden sete lanzadoras a tomar parte neste campionato destacando no concurso de xavelina a presenza Carmen Sánchez Parrondo do Unicaja Jaén, quen aspira ao título de España co permiso da oito veces campioa de España Arantza Moreno. Xunto ela, a internacional cubana (en trámites de nacionalización) Yulenmis Aguilar do Valencia Atletismo formarán a punta de lanza do noso atletismo neste campionato.
- Campinato de España de lanzamentos longos máster (Lorca 24 e 25 febreiro)
Pola súa banda o campión de España do ano pasado en Durango Javi Viteri no Samertolameu na M60 estará no estatal de lanzamentos longos máster de Lorca en xavelina e disco. Xunto a Viteri estará tamén, entre outras, a campioa 2023 María de los Ángeles Rodríguez de A Silva concursando na categoría F65 en martelo pesado en xavelina.
- Campionato de España de Marcha en ruta Absoluto, Máster, Sub20 e Sub18 (Zaragoza, 25 de febreiro)
A marchadora internacional Antía Chamosa lidera o grupo de nove marchadoras e marchadores que esta fin de semana toman parte en Zaragoza no campionato nacional de marcha en ruta.
Xunto á mundialista participarán Dani Chamosa da Gimnástica na procura de mellorar o posto de finalista do ano pasado en Cieza e o campión mundial máster, e vixente campión de España da mesma categoría, Juan Manuel Morales do Marineda Atlético.
- Campionato de España maratón máster (Castellón,25 febreiro)
Santiago García González do Burgas Ourense e Pedro Antonio Sevilla do Comesaña S.C. serán os nosos dous representantes no Campionato de España Máster desta fin de semana en Castellón.
- Campionato de España Sub18 (24 e 25 de febreiro en Sabadell)
A pista indoor de Sabadell acollerá outra importante cita para o atletismo galego, como é o campionato de España Sub18 á que acuden un total de 41 atletas con varias opcións de medallas.
A priori as opcións máis claras virán das distancias de medio fondo e fondo na que tomará parte Celia Castro do Playas de Castellón sobre os 800 m. que conta ca terceira mellor marca das participantes. Na categoría masculina Javier Picos do Marineda xunto a Dani Salgueiro do Coruña Comarca, serán outros dos que aspiren a estar nos postos importantes desta distancia.
Sobre os 1.500 estaremos moi pendentes do que poida lograr tanto Amparo Corredoira da At. Lucense quen acude con 4:34.52, como Iker Fernández de A Gándara con 32:57.26, ambos situados por rexistros en postos de podio.
Outra das probas importantes serán os 3.000 m. que nos podería deixar un dobre motivo de alegría si tanto Sabela Martínez da Gimnástica como Alex Sierpes do Trega, confirman o seu excelente estado de forma que os podería conducir directamente ao podio
No concurso de altura Iria Solera de la Purísima intentará facer valer os seus 1.69 m. para volver unha vez máis a un podio nacional neste seu primeiro ano Sub18. Por último Gema Dacosta do Vila de Cangas, loitará polos postos importantes sobre o círculo no lanzamento de peso.
O artigo Fin de semana moi completo ca disputa de cinco campionatos de España publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Fin de semana moi completo ca disputa de cinco campionatos de España