Normativa e cuota de licenzas federativas autonómicas 2024

Publicado por: F.G. Atletismo

Logo da súa aprobación pola Asemblea Xeral da FGA celebrada o día 28 de outubro, no día de onte facíase público a través da circular 125-2023 a normativa e cuotas de licenzas federativas autonómicas para a tempada 2024.

Preámbulo

A FGA asume na súa totalidade a normativa de licenzas RFEA (Circular 184/2023) en todos aqueles aspectos que non se regulen de maneira específica pola FGA, en relación ao seu ámbito competencial.

A forma de tramitación para atletas independentes, xuíces, adestradores e clubs será pola pasarela de carreirasgalegas.com de maneira individual.

https://licenzas.carreirasgalegas.com

No referente á transición ás tramitacións electrónicas, adóptase o mesmo sistema da RFEA, sendo imprescindible o consentimento explícito da persoa física do tratamento de datos (aviso legal e política de privacidade), así no caso dos/as adestradores/as e xuíces deberán marcar a casilla de coñecemento da necesidade de enviar o Certificado de delitos sexuais ao correo electrónico xestion@atletismo.gal. Sen marcar as devanditas casillas, non se poderá continuar coa RENOVACIÓN/ALTA da licenza.

A vinculación de todos os estamentos coa Federación Galega de Atletismo: atletas, clubs, adestradores/as, xuíces/as e organizadores/as, leva asociada a aceptación explícita do ámbito lexislativo indicados nos anexos 1 e 2 achegados nesta circular 125/2023

  • Vixencia das licenzas FGA 2024 : Tempada do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2024.
  • Prazos tramitación FGA clubs e adestradores: Desde o 7 de novembro do 2023.
  • Prazos tramitación FGA atletas e xuíces: Desde o 28 de novembro do 2023

O artigo Normativa e cuota de licenzas federativas autonómicas 2024 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Normativa e cuota de licenzas federativas autonómicas 2024

Mas noticias relacionadas