Xogade – Campo a Través – Campionato de Galicia

Publicado por: Ourense Atletismo

O vindeiro sábado 17 de febreiro na localidade de A Pobra do Caramiñal vaise desputar o Campionato Galego de Campo a Través. O lugar escollido para a realización de dita proba será na Praia de Cabío e a partir das 11:30 horas cando se efectue o pistoletazo de saída. A categoría cadete participará no Campionato de España de Campo a Través, formando parte da selección galega os 3 primeiros clasificados do Campionato Galego Escolar e os 3 primeiros clasificados do Campionato de Galicia Cadete (Federado). Só no caso de resultar imposible a realización do Campionato Galego Escolar antes do Campionato deEspaña, clasificaranse para este os 4 primeiros clasificados do Campionato Galego Federado e outros 2 a proposta do comité técnico.

 C O M P O S I C I Ó N  D O S  E Q U I P O S :

 

Nas categorías alevín e infantil cada equipo estará formado por un máximo de 6 corredoras/es e un mínimo de 4 , dos que puntuarán as/os 4 mellor clasificadas/os; na categoría cadete máximo 6 corredores/as e mínimo de 3, dos que puntuarán as/os 3 mellor clasificadas/os.

C L A S I F I C A C I Ó N S :

Estableceranse dúas clasificacións:

  • Individual: segundo a orde de chegada a meta, por categoría e sexo.
  • Por equipos: coas entidades ou colexios que completen equipo na liña de meta, sumando os puntos obtidos polos/as tres ou catro corredores/as mellor clasificados/as, segundo a categoría; resultará vencedor o equipo que menor número de puntos obteña. Se se produce empate entre dous ou máis equipos, concederase mellor clasificación a aquel no que o/a derradeiro/a corredor/a puntuado obtivese mellor posto.
 
Todos os participantes deben portar a camiseta do seu clube ou centro.
Darase pícnic aos atletas participantes.
 
 

Existe a posibilidade de asistir a competición nun autobús que pon a Xunta. Terá a saida as  07:45 do Pavillon os Remedios e con destino A Pobra do Caramiñal (PRAIA  DE CABIO). A volta as 14:30.


Enlace con la noticia original: Xogade – Campo a Través – Campionato de Galicia

Mas noticias relacionadas