Éxito deportivo e organizativo no nacional máster de Ourense

Publicado por: F.G. Atletismo

Como de extraordinario pódese calificar o Campionato de España Máster de pista cuberta desenvolto durante esta fin de semana no recinto cuberto de Expourense que xuntou aos máis importante atletas a nivel nacional e internacional do momento.

A excelente actuación a nivel xeral, viuse acompañado polo gran campionato dos atletas galegos que en un número de 219 acudiron a Ourense como a delegación máis numerosa. Da súas actuacións sairían nada menos que un récord do mundo, tres récords de España, vintedous récords galegos, corenta e tres medallas de ouro, trinta e cinco pratas e trinta e un bronces, que en termos absolutos representa o mellor balance de todas cantas Comunidades acudiron a disputar o evento nacional.

Novamente, Esther Pedrosa foi unha das grandes protagonistas desta edición. A atleta compostelá lograba xa na xornada inaugural do venres un novo récord mundial sobre a proba dos 3.000 F60 mellorando a súa propia plusmarca ata deixala en 10:08.45. Con este novo rexistro xa son tres os récords mundiais batidos pola corredora internacional en apenas dous meses Para rematar e como colofón, o domingo sumaba outro título e récord nacional sobre a proba dos 1.500 m. con 5:15.00

O resto de récords veu da man de equipo de relevos F55 do Club Atletismo Sada quen sobre os 4×200 m. lograban o titulo e o récord nacional con 2:07.58.

Colleita importante de metáis

Como diciamos un total de 109 medallas serían as logradas polos nosos atletas entre as que destacan os dous ouros logrados polo atleta do Atletismo Sada M40 Daniel Giménez nos concursos de altura e lonxitude; Basi Bernárdez de A Silva na M45 en triplo e lonxitude; Rosario Sureda do Lucus Caixa Rual Galega na F55 en altura e 200 m.; Esther Pedrosa do Playas de Castellón na F60 sobre os 3.000 m. e nos 1.500 m.; Carlos Ferrer do Atletismo Narón na M60 sobre os 60 valos e o Pentathlon e Domingo Álvarez do Burgas Ourense na M65 sobre os 400 m. e os 800 m.

Campionato moi exitoso

Si todo esto acontecía en clave galega, a nivel do resto de participantes, cabe destacar os vintedous récords de España batidos, os vinte e seis récords do campionato e os tres récords mundiais a cargo (ademáis da xa citada Esther Pedrosa) do atleta M55 de San Sebastián de los Reyes Juan Antonio Cuadrillero na proba dos 3.000 m. e a do madrileño Manuel Alonso na M85 sobre a proba dos 1.500 m.

   

O artigo Éxito deportivo e organizativo no nacional máster de Ourense publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Éxito deportivo e organizativo no nacional máster de Ourense

Mas noticias relacionadas