As herdeiras e herdeiros da tradición do cross country

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana o Concello de Ribadavia acollerá por quinta vez a disputa do Campionato de Galicia Absoluto de campo a través no que será a súa edición número oitenta e seis na categoría masculina e a súa cincuenta e catro na femenina ao longo de toda a súa historia.

Si non remontamos ás súas orixes, o primeiro ¨cross country¨ (denominación que se lle daba nas súas orixes) disputado en Galicia organizouno o Real Vigo S. C. o día 09 de abril de 1916, con saída e chegada na céntrica rúa viguesa de Policarpo Sanz. Foi un verdadeiro acontecemento, discorrendo no seu maior parte por chan urbano e tendo soamente un anaco campo a través no Monte de Castro. Participaron corredores de oito clubs vigueses e do Deportivo de Pontevedra, resultando vencedor José Castillo do Vigo S. C. Esta proba está considerada como a primeira edición na historia dos Campionatos de Galicia de Campo a través.

No tocante á categoría feminina terían que pasar nada menos que 52 anos para que Aurora Salgado do club Halcones dera comezo unha lenta pero contínua incorporación ao atletismo femenino ca disputa da primeira edición do Campionato de Galicia un 18 de febreiro de 1968 en  Santiago. A carreira de 1.000 m. sería completada cun rexistro de 3:18 ocupando os restantes postos de podio a coruñesa Dolores Tasende e a ourensá Aurora Díaz

Diversificar e ampliar

Desde aqueles primeiros momentos moitos teñen sido os campionatos disputadas ao longo de toda a nosa xeografía onde maioritariamente os concellos con máis densidade acumulan un maior número de edicións. Á cabeza dos mesmos sitúase Vigo con vinteseis celebracións, seguida de A Coruña con dez e Ourense con seis. Malia elo, non son poucos os municipios que con recursos e densidades máis limitados foron quenes de levar a cabo exitosamente a disputa dun autonómico cun grandes dosis de traballo, organización e determinación. Entre os mesmos apuntamos ás edicións celebradas en Ponteareas, Vilagarcía, Cangas, Fene, Baiona, Pereiro de Aguiar, Nogueira de Ramuín, A Rúa, A Garda, Narón, Carballo, Ribadavia, Monforte,  Riveira, Negreira e As Pontes

Grandes figuras

Seguindo con este pequeno repaso e centrándonos nos verdadeiros e verdadeiras protagonistas, no tocante ao apartado de títulos destaca a figura da fondista olímpica en Barcelona 1922 do Real Club Celta Estela Estévez quen domiñaba a década dos oitenta e primeira metade dos noventa o campo a través galego de forma clara. Da pupila de Oliva Román foron os triunfos nos anos 1982, 1984 ,1986,1988 ata 1991 e 1994 periodos nos cales mantería unha intensa rivalidade con outra das grandes ilustres do atletismo galego, Julia Vaquero, quen á súa vez gañaba as edicións nos anos 1992/93/95 e 96.

O palmarés da categoría masculina atópase encabezada por un trio de auténticos especialistas, compartindo igual número de títulos o céltico dez veces internacional absoluto e campión de España en 1975 con 3:45, Estanislao Durán no período dos anos setenta e oitenta. Xunto ao de Moaña, sitúase outra das grandes lendas do noso deporte falecido recentemente, o atleta de Zamáns Alejandro Gómez, entre cuxos méritos figuran as súas tres participacións olímpicas en Seul-88, Barcelona-92 e Atlanta-96 e os seus postos de finalista nos europeos de marathon dos anos 1998 e 2002. Por último e xa inaugurando o novo século, o internacional santigués Pedro Nimo  é o terceiro dos atletas con seis títulos, destacando no seu currículo, o  campionato  de España en Donosti no 2014 e o subcampionato de Europa por equipos en marathon en Berlín no 2018 todo elo na proba de marathon.

Este domingo a partir das 11.40 horas no circuito de A Veronza de Ribadavia, unha nova páxina da historia do campo a través en Galicia continuará escribíndose.

 

O artigo As herdeiras e herdeiros da tradición do cross country publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: As herdeiras e herdeiros da tradición do cross country

Mas noticias relacionadas