Publicado por: F.G. Atletismo
Madeira, estivo acollendo desde o día 8 ata o 19 de outubro o Campionato de Europa máster ao que acudiron unha nutrida representación de atletas galegos e galegas. Dos trinta e sete que viaxaron ata a illa atlántica, voltouse cun balance total de vinte unha medallas no individual e colectivo (catro ouros, oito pratas, nove bronces) lográndose ademáis catro récords galegos e dous de España o que representa un magnífico resultado.
Boas actuacións a nivel xeral
A nivel xeral lograronse moi boas actuacións. Entre elas destacan a realizada por Sergio Rodríguez que rexistraba unha nova plusmarca galega nas semifinais dos 200 m. M35 de 21.95 que lle permitían acceder á final na que finalmente lograría a medalla de prata.
Juan Manuel Morales voltaba con dous novos metais, desta vez de prata, sobre as probas de marcha dos 10K e dos 5.000 m. proba esta última, na que lograba unha mellora da anterior plusmarca que el mismo tiña, para deixala en 21:47.51
Basi Bernárdez, foi outros dos atletas que lograban excelentes actuacións xa que as súas dúas medallas de prata sobre os concursos de lonxitude e triplo M50, sumaba o récord galego sobre esta última con 12.50 m.
O galego con máis idade en tomar parte, Pablo Fervenza, aprobeitaba a súa viaxe para participar en catro probas (10K, 10.000 m., cros e 2000 obstáculos) das que lograba subir ao podio no cross (3º) e nos obstáculos (2º), proba esta última na que melloraba o récord galego en 9:14.70.
A maiores, compre salientar os títulos europeos individuais logrados polo plusmarquista galego absoluto en triplo, Alfonso Palomanes quen marchaba ata os 14.35 m. na M35. Tamén sumaban títulos de campións de Europa a nivel de equipos Manuel Paredes na Media marathon M55; María de los Ángles Rodríguez no Cros F65 e María Mesías nas remudas 4×400 F45.
Récords de España
A nivel colectivo lograronse un total de dous récords de España, un dos cales, foi parar ao equipo de remudas dos 4×400 F45 quenes lograban tanto o título continental como a plusmarca estatal e do que formaba parte María Mesías. De igual modo Montse Fernández e Lina García foron determinantes para que nos 4×100 F55 o equipo de España lograra un novo récord con 58.22 que lles daba a quinta posición da final.
Por último e sen abandoar os 4×400, Luz María Domínguez e Esther Pedrosa lograban un meritorio bronce na categoría F60 cun no menos importante récord de España de 4:32.10
O artigo Gran balance para as máster galegas e galegos no europeo de Madeira publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Gran balance para as máster galegas e galegos no europeo de Madeira
