BEGO DOMÍNGUEZ SUBCAMPIOA DE ESPAÑA DE 5K

Publicado por: Ourense Atletismo

Bertamiráns acolleu o Campionato de España de 5K máster e foi Begoña Domínguez a nosa maior alegría ao acadar o segundo posto na categoría F40. Tamén participou Saturnino González que conseguiu un meritorio sexto posto en categoría M60.

Nunha edición do campionato marcada pola chuvia, Begoña realizou unha marca de 18:19, entre a valenciá María Isabel Ferrer (17:42) e a atleta do Comesaña Sofía Freaza (18:39). Saturnino obtivo o sexto posto coa súa marca de 18:10, moi preto dos 18:06 do albaceteño Abelardo Martínez que foi quinto e sacándolle bastante vantaxe aos 19:06 do sevillano Juan Carlos Díaz.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España 5 km ruta Master

La entrada BEGO DOMÍNGUEZ SUBCAMPIOA DE ESPAÑA DE 5K apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: BEGO DOMÍNGUEZ SUBCAMPIOA DE ESPAÑA DE 5K

Mas noticias relacionadas