Publicado por: F.G. Atletismo
O pasado sábado as pistas do CGTD de Pontevedra acolleron a gran cita anual do atletismo máster ca celebración do seu Campionato Galego de Aire Libre que contaría novamente co patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra
Baixo un dia totalmente estival, preto de seiscentos atletas daríanse cita na instalación pontevedresa para desenvolver esta competición calificada pola inmensa maioria dos participantes como un evento que vai mas alá do deportivo e no que a deportividade, rivalidade, superación, esforzo e o moitísimo compañeirismo deixase notar dende o primeiro instante.
Para favorecer a participación, a dirección técnica da FGA aceptou todas cantas inscripcións foron tramitadas o que obligou a facer varias series para que todo o mundo puidera participar e tomar parte neste fantástico campionato que amosaría unha enorme calidade no deportivo, lográndose nada menos que un total de vintetrés récords galegos e un nacional.
Novamente Esther Pedrosa que asemella non coñecer límites, lograba establecer outro récord nacional F60 desta ocasión na proba dos 1.500 m. onde invertiría un crono oficial de 5:18.42 mellorando en máis de once segundos a anterior plusmarca. Como colofón, a santiguesa nas ringleiras do Playas de Castellón desde fai uns anos, acadaba tamén o récord galego sobre os 400 m. con 1:11.97.
Na categoría M40 Álvaro Prieto do Atletismo Narón lograba a plusmarca galega na súa categoría nos 3.000 obstáculos cun rexistro de 9:30.40 o mesmo que o internacional e un dos máis salientables marchadores nacionais e internacionais máster Juan Morales do Marineda, quen sobre os 5.000 marcha paraba o crono en 21:07.01. Daniel Giménez do Atletismo Sada en altura con 1.73 m. e Nacho Fernández do Playas de Jandía en martelo pesado con 16.48 m. facían o propio nos seus concursos.
Na M45 un bo salto de Basi Bernárdez de A Silva na proba de lonxitude con 6.34 m. faciao campión e plusmarquista galego. Cris Estévez do A.F. Celta confirmando o seu excelente momento, lograba no triplo 9.22 m. Pola súa banda Loreto Brea da Gimnástica, establecía por partida dobre os récords galegos en martelo e martelo pesado con 36.25 e 9.52 respectivamente.
Na máster 50 Juan Bello de A Silva subía o listón de pértega ata os 3.51 m. sendo na máster 55 José Domínguez do AVA quen lograba nos 100 valos 19.29 polos 4.98 m. de Alberto Vázquez de A Silva no foxo de lonxitude
Gran actuación novamente na máster 60 de Ana María Abuín de A Silva quen lograba as plusmarcas autonómicas de martelo e martelo pesado con 27.76 m. e 11.97 m. Luis Cores do Mazí na máster 65 pola súa banda, chegaba ata os 4.05 m. na area de lonxitude.
Moi destacadas foron as actuacións das nosas máster 70 Amalia Luz San Martín do Egobarros, logrando os récords galegos tanto nos 100 m. con 17.54 como nos 400 m. con 1:28.86, como a de novamente María Luisa Armesto do Atletismo Sada quen pola súa banda facía o propio nos 200 m. con 40.21 e na xavelina con 11.56 m.
Por último o ADAS Proinor a través dos seus máis queridos embaixadores, o máster 75 José Barreiro e máster 80 Manuel García Alfonso, lograba as plusmarcas autonómicas sobre os 100 m. con 19.86 e 20.41 respectivamente. A maiores Manuel lograba o récord galego na lonxitude ao saltar ata os 2.05 m.
O artigo Formidable campionato máster o vivido en Pontevedra publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Formidable campionato máster o vivido en Pontevedra