Publicado por: F.G. Atletismo
A Xunta de Goberno da RFEA reunida recentemente, designou oficialmente varias sedes que serán as encargadas de acoller e organizar algúns dos campinatos de España para o ano 2026.
De todas as designadas, Galicia acollerá polo momento tres probas de pista e unha de ruta que se xuntan as xa asignadas con anterioridade: Campionato de España de Marcha inverno de Promoción e 10 Km Máster (O Barco de Valdeorras, 14 de decembro 2025), o Campionato de España de clubs Sub20 de pista curta (Ourense, 20 de decembro 2025) e o Campionato de España absoluto e Sub23 e máster de Trail Running (Caldas, 15 de marzo 2026).
Novas sedes galegas
As remodeladas pistas de Monterrei en Pereiro de Aguiar volven dar acollida a unha proba importante do calendario. En concreto serán os días 9 e 10 de maio cando as Seleccións autonómicas Sub16 de todo o Estado, estén celebrando o seu campionato de España nas pistas Josefina Salgado.
As pistas de Elviña da UDC da Coruña tamén serán sede oficial dun Campionato de España, en concreto o que durante os días 11 e 12 de xullo leven a cabo os atletas máster que tomarán parte no Campionato de clubs tanto de primeira como de segunda división e na que os clubs galegos terán moito que decir.
Por último, Negreira acollerá o 15 de novembro do 2026 a disputa do Campionato de España dos 5K ruta máster, tomando o relevo da recente edición disputaba na parroquia de Bertamiráns
Campionato do Mundo
A maiores a Federación Española de Deportes de Discapacidade Intelectual organizará en Ourense o seu Campionato do Mundo de pista curta VIRYTUS 2026 dos días 3 ao 8 de marzo e que xuntará a un importante número de atletas achegados de todos os paises a tomar parte no mesmo.
O artigo Galicia acollerá varios Campionatos de España publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Galicia acollerá varios Campionatos de España
