GRUPO LEITE RÍO novo patrocinador do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA

Publicado por: Lucus Atletismo

Afrontamos esta nova tempada con moita ilusión e algunhas novidades importantes para o desenvolvemento da actividade do Club, como o novo patrocinio que o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA terá por parte do GRUPO LEITE RÍO coas súas marcas Leyma e OptiPRO. Aínda que xa tivemos colaboración da marca en actividades do Club nas tempadas anteriores, isto supón un maior compromiso e unha axuda importante que nos permitirá continuar fomentando o deporte de base nas categorías da Escola e o atletismo máis especializado nas categorías superiores, co obxectivo de seguir achegando o atletismo e a actividade deportiva á poboación.

 

Seguro que xa puidestes ver os batidos proteicos de OptiPRO no local do Club e nas últimas competicións ás que acudimos porque son a nova bebida oficial do equipo. Por se aínda non os coñecedes, son batidos cun alto contido de proteína obtida do propio leite que están pensados para as persoas que levan unha vida activa e queren coidar a súa alimentación e saúde, especialmente as que practican deporte de xeito regular e buscan unha óptima recuperación despois da actividade física. Sen azucres engadidos e cun 0% de materia grasa, constitúen unha das opcións máis saudables e accesibles incluso ás persoas con certas intolerancias ou alerxias alimentarias, pois non conteñen gluten nin lactosa. Podedes atopalos en varios sabores, nós xa probamos os de vainilla e café con leite e teñen o noso aprobado!

Moitas grazas Leyma e OptiPRO por afianzar o compromiso co deporte e, en particular, co atletismo a través do noso Club.

BENVIDOS Á FAMILIA LUCUS!

Enlace con la noticia original: GRUPO LEITE RÍO novo patrocinador do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA

Mas noticias relacionadas