I. Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Pista Cuberta

Publicado por: F.G. Atletismo

Máis de catrocentos atletas figuran inscritos e inscritas para tomar parte este sábado a partires das 10:40 horas no Campionato de Galicia Absoluto de pista cuberta

A máis importante competición da modalidade do atletismo galego, preséntase con interesantísimas probas e concursos onde tomarán parte algúns dos atletas máis en forma da actual tempada.

Na categoría masculina agárdase a actuación de 219 atletas dos que destaca a presenza do recente recórdman galego dos 60 m. Javier García con 6.78, que tomará parte na proba raiña da velocidade indoor. Delante del estará un Adrián Pérez do F.C. Barcelona nun excelente estado de forma que xa o levaron este ano a acreditar 6.85.

Continuando cas demáis probas de velocidade, o gran domiñador da disciplina galega nos últimos anos o plusmarquista galego Mauro Triana, parte como gran favorito nos 200 m. proba na que tanto Sergio Rodríguez da Gimnástica como Jacobo Soler do Pamplona At. acompañan ao coruñés nese selecto grupo instalado na barreira dos 21 segundos

Precisamente será o mesmo Jacobo Soler quen manterá unha apaixonante disputa sobre os 400 m. con Jorge Román Leiros do Rael Club Celta, separados no ranking por tan só unha centésima e onde os últimos encontros foron para aquel.

Na proba dos 800 m. Adrián Lago da Gimnástica ven de acreditar este mesmo ano a mellor marca dos participantes con 1:55.04. Especial atención tanto para o sadense Ignacio del Buey como David Abalde da Gimnástica sen esquecer a Alberto Pérez do Celta, ambos con marcas moi axustadas.

Este campionato pode resultar para Mehdi El Nabaoui unha excelente oportunidade para recuperar sensacións logo dunha tempada de campo a través sen os resultados agardados. Tomará parte sobre os 3.000 m. que o pasado fin de semana xa lograba completar cun excelente rexistro de 8:07.58.

Nos valos Santi Rozas do Lucus Caixa Rural Galega perfílase como favorito nunha proba na que tan só o venezolano sen dereito a podio, Gerson Vidal Izaguirre do Narón, póderialle complicar a primeira posición da proba. Atención a presenza do campión galego do ano pasado Hugo Vázquez do Marineda.

Nos 1.500 novo man entre os Gimnásticos Carlos Porto e Pablo Bocelo atleta este último que intentará repetir o triunfo logrado o ano pasado no absoluto de aire libre en Vigo

Continuando cos concursos, a colchoneta de altura terá no subcampión galego 2021 de aire libre e de pista cuberta Andrés Vila do Lugo Running, a un dos favoritos con permiso do atleta do Atletismo Santiago Pablo Alonso. Na pértega outra non menos interesante disputa será a que nos agarde entre Tomás López do A.Sada e Adolfo Sáinz Maza do Celta, atleta este último que ven de lograr un novo campionato autonómico de combinadas ca segunda mellor marca da historia o pasado fin de semana.

O céltico Sergio Coello nun excelente estado de forma, estará loitando polo seu primeiro título absoluto de lonxitude no que intentará facer bós os 7.29 m. que acredita. No mesmo foso pero en triplo, Alex Barreiro do Lugo Running parte con todas as papeletas para revalidar novamente o título do ano pasado grazas, en parte, a esos 14,82 m. de finais de xaneiro no módulo de Lugo.

Para rematar, o capi da Gimnástica Victor Gallego, aspira a ampliar a súa lenda sobre o círculo de peso para o cal deberá recuperar o título que  Jaime Arias do Riazor Coruña, acadaba o ano pasado.

Foto de Fotocarlosgrafias

O artigo I. Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Pista Cuberta publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: I. Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Pista Cuberta

Mas noticias relacionadas