II Copa de Clubs Máster

Publicado por: Ourense Atletismo

A F.G.A. organiza o día 15 de xuño o II Campionato de Galicia Máster por Clubs nas Pistas do INEF de Galicia (Bastiagueiro -Oleiros) en horario de tarde.

Poderán intervir un total de 8 clubs masculinos e femininos. Os clubs designaranse por estadillo de marcas da tempada 2018/19 dos atletas con licenza por ese club na tempada actual.

A data límite para a presentación de estadillos é o luns 10 de xuño ás 12:00 horas. Os estadillos confeccionaranse cos mesmos criterios da competición en canto a atletas estranxeiros, atletas de clubs asociados e limitación de probas.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 11 de xuño.

A competición realizarase a 1 atleta por proba e club. Cada atleta pode realizar dúas probas (dúas probas individuais ou unha proba individual e un relevo ou os dous relevos).

Reglamento Inscritos


Enlace con la noticia original: II Copa de Clubs Máster

Mas noticias relacionadas