Ilusión, deportividade e compañeirismo foron da man en Ourense

Publicado por: F.G. Atletismo

A pista cuberta de Ourense viviría no día de onte a celebración da súa gran festa do atletismo base ca disputa do autonómico para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 que xuntaría na instalación a preto de 700 nenos e nenas participantes.

O gran número de atletas convertiu a esta cita na máis numerosa da tempada xunto a fase Final ABANCA que se disputou neste mesmo recinto o pasado día 22 de decembro.

A tónica que se respiraría durante as dúas xornadas, foi a enorme motivación e ilusión de todos cantos tomaron parte, así como os contínuos xestos e mostras de deportividade que se deixaron ver. Da mesma maneira habería tempo para presenciar actuacións de enorme calidade que garanten o futuro deste deporte, entre as que destacamos as mellores marcas galegas de Laura Sanz do Millaraio nos 60 m. Sub12 con 8.90; Antía Pernas do Lucus Caixa Rural Galega nos 60 m. Sub14 con 8.90;  Alex Sierpes do Trega nos 1.000 m. Sub12 con 3:09.96; Xela Martínez da E.A.Lucense nos 2.000 m. Sub14 con 6:25.94; Iria Solera do Ourense Atletismo en altura Sub10 con 1.42 m. e de Antía Soto do AVA na lonxitude Sub10 con 3.48 m.

Resultados

O artigo Ilusión, deportividade e compañeirismo foron da man en Ourense publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Ilusión, deportividade e compañeirismo foron da man en Ourense

Mas noticias relacionadas