Importante segunda xornada para dos equipos galegos nas ligas

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana os equipos galegos inmersos no Campionato Nacional de Liga tanto na División de Honra como na Primera División terán a súa segunda cita en diversos escenarios.

Para comezar o RIA Ferrol acude ata a cidade donostiarra Cidade Condal para enfrontarse ante o F.C. Barcelona, At.San Sebastián e Juventud Atlética Elche. As de Ferrol que contan con dous puntos, terán como claro obxectivo ser capaces de poder superar ás levantinas e disputar a terceira praza ó equipo donostiarra o que lles podería dar moita tranquilidade de cara o último e decisivo encontro.

Pola súa banda os homes da Sociedad Gimnástica acuden ata Valencia onde terán que pelexar contra o Fent Cami Mislata, A.D. Maraton e A. Catalunya. Será precisamente contra os catalanes, contra os que os galegos centren o súa prioridade na procura, como obxectivo inmediato, de evitar a última posición do grupo que complicaría demasiado os obxectivos de permanencia.

Na primeira división feminina tanto o A.F.Celta como a Sociedad Gimnástica comparten encontro nas pistas burgalesas do Imagen FDR rival a priori asequible para as aspiracións galegas. Xunto eles estará o Universidad de León que xa gañara o seu cuadrangular anterior e que será o duro rival a bater.

Por último na Primeira Division masculina o Atletismo Narón parte ca necesidade importante de sumar algún canto menos dous puntos no seu desprazamento a Donostia do domingo onde se medirán contra o principal favorito o Atletismo Alcorcón, así como co Super Amara  BAT e o Hinaco Monzón rival directo este último dos narones. O Real Club Celta pola súa banda, acude a Lleida  cunha comoda posición de tres puntos que o fai claro favorito sobre os locais quen só suma un punto. O conxunto de L´Hospitalet a priori parte con vantaxe sobre ós celestes que terán no UCAM Cartagena o seu principal rival.

Clasificación da División de Honra logo da primeira xornada

Clasificación da Primeira División logo da primeira xornada

O artigo Importante segunda xornada para dos equipos galegos nas ligas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Importante segunda xornada para dos equipos galegos nas ligas

Mas noticias relacionadas