Inés Rey recibe a Tariku Novales durante a presentación de C-21

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de hoxe a alcaldesa do Concello de A Coruña Inés Rey, recibía ao campión de España e plusmarquista nacional de maratón Tariku Novales na presentación da carreira C-21 que contará ca participación do atleta de Noia.

Na recepción a  rexidora herculina, recoñecía a traxectoria do internacional galego que estará tomando parte na cita o vindeiro día 25 como uns dos seus cabeza de cartel.

De igual modo o acto sería aproveitado para a presentación ante a prensa desta proba que tamén contaría ca asistencia do Concellal de deportes Manuel Vázquez así como do Presidente da Federacion Galega Iván Sanmartín

Durante as intervencións púxose de relieve a importancia que ten este tipo de eventos na programación deportiva da cidade  e nas que A Coruña-21, xunto ao resto de probas en ruta, representa unha das máis salientables. No referente a este proba salientouse as bondades do seu circuito que sumado a ampla oferta que en materia hotelera, cultural, paisaxística e gastronomía existe na cidade, fan dela unha das máis atractivas do panorama estatal.

Bo ritmo de inscricións

O ritmo de inscricións é un dos máis altos dos últimos tempos, polo que se agarda estabrecer un récord de inscritos e inscritas.

Lembramos que xunto ao 21K tamén se disputará unha proba de 5K estando aberta as inscricións na páxina de carreiras galegas

 

O artigo Inés Rey recibe a Tariku Novales durante a presentación de C-21 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Inés Rey recibe a Tariku Novales durante a presentación de C-21

Mas noticias relacionadas