Información importante sobre os Test de Antíxenos no Campionato galego absoluto

Publicado por: F.G. Atletismo

Co fin de que se podan desenvolver coa máxima seguridade as probas de 400 m., 800 m., 1.500 m., 3.000 m. e Probas Combinadas (800 m. 1.000 m ) en Pista Cuberta, a Federación Galega de Atletismo incorpora a realización de test de antíxenos obrigatorios a os/as atletas admitidos/as en ditas probas.

A realización deste tes, que será sumida pola FGA, non entraña ningún gasto para os atletas.

De cara a unha axeitada organización e coordinación dos test, os/as atletas participantes deberán realizalos na xornada de mañá do domingo 14 de marzo.  Para elo deberán presentarse no recibidor de Expourense segundo o seguinte horario:

  • 09:00 a 09:15 – Atletas de Probas Combinadas (1.000 m.)
  • 09:15 a 10:00 – Atletas 3.000 m.
  • 10:00 a 11:00 – Atletas 800 m.
  • 11:00 a 12:00 – Atletas 1.500 m.
  • 12:00 a 13:00 – Atletas 400 m.

É obrigatorio que o resultado negativo do test de antíxenos sexa certificado o mesmo día da proba.

Deberase entregar en man, no momento de realización dos test, a seguinte autorización de tests de antíxenos

Ficha técnica do test

Circular 26 FGA

 

O artigo Información importante sobre os Test de Antíxenos no Campionato galego absoluto publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Información importante sobre os Test de Antíxenos no Campionato galego absoluto

Mas noticias relacionadas