Isidoro Hornillos reelexido cun amplo respaldo, presidente da FGA

Publicado por: F.G. Atletismo

Isidoro Hornillos sería reelexido no día de hoxe Presidente da Federación Galega de Atletismo por cuarto mandato consecutivo logo de recibir o respaldo maioritario do 92% da Asemblea Xeral. Os escrutinio depararía tres votos en branco e cero votos para o candidato aspirante Joaquín Pérez.

Hornillos destacaría na súa intervención xa como novo presidente, “o meu compromiso de presentar o Plan Estratéxico da FGA 2018/2022 na vindeira Asemblea a celebrar en decembro no que se recollen as líneas estratéxicas e líneas transversais que derivan en máis de 100 medidadas de acción”  ademáis tería palabras de agradecemento cara o todo colectivo atlético do que recibiría un amplo respaldo destacando de maneira en especial a presencia de Sergio Vázquez para o que tería un especial recoñocemento.

O reelecto presidente manifestou recibir este mandato con moita responsabilidade pero tamén con moita motivación e ilusión “para abordar os múltiples proxectos entre os que destacan a celebración do Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta 2020 en Ourense e a implantación do Circuito Galego de pista entre outras moitas medidas”  

O atletismo como modo de vida 

Isidoro Hornillos natural de Castronuño (Valladolid) pero galego en adopción dende os sete anos, leva toda unha vida adicada ó atletismo. Xa dende atleta acadaría a internacionalidade en vintesete ocasións, sendo campión de España absoluto e plusmarquista nacional o que lle levaría a tomar parte nos XX.OO de Moscú-80. A nivel profesional é Profesor de Universidade da Coruña e Doutor en Educación Física exercendo ademáis de Presidente da FGA durante as tres últimas lexislaturas, a de Presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA)

O artigo Isidoro Hornillos reelexido cun amplo respaldo, presidente da FGA publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Isidoro Hornillos reelexido cun amplo respaldo, presidente da FGA

Mas noticias relacionadas