Jose Ramón Lete volve á Secretaría Xeral para o Deporte

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de hoxe transcendeu que Jose Ramón Lete volverá a ocupar o cargo de Secretario Xeral para o Deporte unha vez que sexa este xoves aprobado o seu nomeamento no Consello da Xunta.

Jose Ramón Lete (Donosti,1957) viña de ocupar o cargo de Secretario Xeral para o Deporte no anterior executivo de Mariano Rajoy permanecendo no cargo por espacio de ano e medio. Da súa ampla traxectoria destaca a de Inspector de servizos da Consellería de Presidencia e Administración Pública, a de Director xeral da Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas (FIIAPP) e a de Director Xeral para o Deportes da Xunta, cargo que ocuparía durante varias etapas. Do mesmo xeito estaría ó fronte de cargos de responsabilidade na Comunidade de Madrid entre os que destaca o de Subdirector Xeral de Promoción Deportiva e a de Director Xeral de Deportes da citada Comunidade.

No cargo relevará a ex-xavalinista internacional Marta Míguez quen acedería a este posto logo do seu paso polo área de Deportes do Concello de Ourense. Neste curto espazo de tempo a olímpica en Sidney-2000, daríalle tempo a abordar varias medidas e accións entre as que cabe citar o programa Eu son DEGN. De igual modo impulsaría a Comisión Galega de Control da Violencia así como a adopción de importantes medidas na loita contra a dopaxe.

Dende o atletismo galego, desexanos a maior das sortes posibles a ambos nos seus novos proxectos e cometidos.

 

 

O artigo Jose Ramón Lete volve á Secretaría Xeral para o Deporte publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Jose Ramón Lete volve á Secretaría Xeral para o Deporte

Mas noticias relacionadas