O CGX convida a todas e todos a tomar parte no seu V Congreso de Xuíces

Publicado por: F.G. Atletismo

Co mes de setembro botado a nadar, os estamentos do atletismo galego ultiman xa os preparativos para esta nova tempada.

En concreto o Comité Galego de Xuices acaba de anunciar a celebración para o día 25 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago de 10.00 a 19.00 horas, do seu V Congreso de Xuices no que un destacado elenco de participantes de recoñecido prestixio nacional e internacional, abordará distintos aspectos de máximo interese.

Así, entre os conferenciantes estarán Antonio Pérez, World Athletics Referee Gold – Presidente do Comité Nacional de Jueces; Samuel Lopes (Portugal), World Athletics Referee Gold Level; Mª Dolores Rojas, World Athletics Race Walking Judge Gold; Loreto Pérez, World Athletics Referee Gold; Inocencio Pérez, World Athletics Referee Silver; Íker Martínez, World Athletics Referee Silver – Responsable Medios Científicos CNJ; Ignacio Rego, Xuíz Nivel 3 – Responsable Cronometraxe eléctrica CGX; Angel López – Montesinos, Xuíz Nivel 3Vicepresidente do CGX e Guillermo Sandino, World Athletics Referee Silver

O acto de apretura correrá  a cardo do Presidente da FGA Iván Sanmartín e da Directora do Congreso, Loreto Pérez, sendo o Presidente do CGX Eloy Bretal o encardado de clausuralo.

Con este novo evento, no que se convida a todas e todos a tomar parte, o CGX segue ca súa decidida aposta pola formación que fan do mesmo un dos máis activos e con máis prestixio en todo o atletismo estatal.

O artigo O CGX convida a todas e todos a tomar parte no seu V Congreso de Xuíces publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O CGX convida a todas e todos a tomar parte no seu V Congreso de Xuíces

Mas noticias relacionadas