Importantes acordos pechados ca Deputación da Coruña

Publicado por: F.G. Atletismo

As distintas reunións e xuntanzas institucionais continúan centrando boa parte da axenda destes primeiros días do mes de setembro. En concreto o Presidente da FGA Iván Sanmartín reuniuse no día de hoxe con Antonio Leira, Deputado Provincial de Deportes e co técnico provincial Manuel Doce para abordar varios asuntos de interese atlético.

Na mesa de xuntanzas, concretaronse os proxectos 2024 do Circuito Deputación da Coruña de Carreiras Populares así como a proba dos 10.000 Peregrinos que voltará ás rúas de Santiago novamente como xa fixera este 2023.

A maiores, Iván Sanmartín plantexou a necesidade da celebración dun Circuito Deputación en pista na que seguindo o formato e o éxito logrado na ruta,  se poidera enfocar principalmente ao atletismo base do noso deporte.

Logo de repasar varios temas, en nun clima de máximo entendemento e colaboración por parte da Deputación coruñesa, ambas partes quedaron emplazadas para continuar traballando e sentando as bases de futuros proxectos en común.

O artigo Importantes acordos pechados ca Deputación da Coruña publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Importantes acordos pechados ca Deputación da Coruña

Mas noticias relacionadas