Seijas e Sainz-Maza dominaron as combinadas baixo teito.

Seijas e Sainz-Maza dominaron as combinadas baixo teito.

O módulo cuberto de Lugo acolleu esta fin de semana o Campionato de Galicia de probas combinadas para as categorías Sub-16 ata a máster.

Importante participación de número de atletas na categoría Sub-16 na que tanto Aitor Fernández da Escola Atlética Lucense como Belén García do ADAS-Proinor lograrían o título autonómico. Xunto eles e compartindo pódiums, estiveron Nicolao Pereira do A. Sada e Luis García do Millaraio así como Lucía Sánchez do Franciscanos de Lugo e Carla Mourelle do Lucus – C.R.Galega.

Na Sub-18 novo trunfo para un atleta da Escola Atlética Lucense, Carlos Alvarez quen acadaría un total de 4.199 puntos, sendo Uxía Pereira da Gimnástica con 2.874 p. quen farían o propio na categoría feminina. Xunto eles no caixón do pódium Pablo Tojal, Raúl Cortizo e Clara Rivas da Gimnástica así como Lara Fernández do A.F. Celta.

Avanzando co resto de categorías e xa na Sub-20, sería David Lorenzo do Vila de Cangas con 4.078 p. quen se imporía a Jaime Reverte do Ourense Atletismo sendo Marina Domínguez do AVA a gañadora da mesma categoría con 2.343 puntos. Na Sub-23 Andrea Novoa do A.Feminino Celta chegaría ata unha puntuación total de 2.764 p.

Tan só tomarían parte atletas da categoría feminina na Sub-23 con título galego para Andrea Novoa do Feminino Celta con 2.764 puntos. Mallenesh Porteiro da Gimnástica sería a subcampiona.

Nas probas master M-40 títulos autonómicos para Roberto Tuimil do Atletismo Narón e Mónica Yáñez do ADAS-Proinor; José Domínguez de A Silva e Angeles Bernárdez do Sanmertolomeu farían o propio na M-45. Xa por último José Cabado do C.A. Santiago lograría a medalla de ouro na categoría M-50 sendo a prata e bronce para José Gonta de A Silva e José Pernas do Lucus-C.R.Galega respectivamente.

No Campionato de Galicia Absoluto Adolfo Sainz Maza do Celta que partía como principal favorito, cumpliría os pronósticos acadando o título galego con 4.757 p. por diante do tamén celeste Miguel Cajaraville que sería prata con 4.053 p.

Nas mulleres a disputa polo título estaría máis igualada cunha Lucía Seijas da Gimnástica quen chegaría ata 2.863 puntos, suficientes para impoñerse ós 2.764 establecidos por Andrea Novoa do A.Feminino Celta.

O artigo Seijas e Sainz-Maza dominaron as combinadas baixo teito. publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Publicada en: Seijas e Sainz-Maza dominaron as combinadas baixo teito.» target=»_blank»>F.G. Atletismo

Mas noticias relacionadas