CONCENTRACIÓN DE ATLETISMO en MONFORTE (7 e 8 de abril)

Publicado por: Lucus Atletismo

concentracinmonforte_78abril18.jpg
 
Esta fin de semana de abril a Escola de Atletismo Lucus Caixa Rural Galega levará a cabo a esperada concentración en Monforte de Lemos! Aínda que o tempo non acompañará, por fin podemos confirmar a I CONCENTRACIÓN DE ATLETISMO «LUCUS & FRIENDS», na que se busca visibilizar a disciplina do atletismo na localidade monfortina e a relación cos nosos clubs asociados, desfrutando dunha xornada e experiencia única para os/as nosos/as atletas. Segue lendo para coñecer o plan de viaxe…
Esta concentración está destinada para as categorías alevín e infantil da Escola, e entre as súas actividades contará con diversas sesións de adestramento das distintas modalidades deportivas (carreiras, saltos e lanzamentos) e unha competición onde compartirán espazo cos/as atletas dos clubs asociados e poderán experimentar este tipo de eventos que tanta ilusión, á vez que nervios, lles producen.

Servirá de primeira experiencia para moitos nenos e nenas que nunca quedaron a durmir fóra da casa ningunha noite e, ademais, poderán reforzar as relacións que se dan neste deporte que, aínda que de carácter individual, é desfrutado en equipo; coas xa amigas e amigos que se forman durante os adestramentos diarios.

Ademais da información incluída na plan de viaxe enviada por correo aos asistentes, cómpre recordar as seguintes pautas importantes:

  • Debido ás condicións meteorolóxicas, deberán levar roupa e calzado de cambio para a auga, pois é moi probable que chova e nos mollemos.

  • Para as sesións de adestramento, terán que levar a roupa de adestrar da Escola, así como a equipación de competir correspondente.

  • Terán que traer o dorsal proporcionado polo Lucus na primeira das competicións organizadas polo club (o vermello de CCNorte), así como imperdibles para colocalo na competición do domingo.

  • Acudir, mínimo, 10 minutos antes da saída do autobús (9:00 horas) para organizarse e recoller o custe da actividade, que será de 35€ en concepto de aloxamento, comida e servizo de transporte.
 
NOTA: se alguén que confirmou a súa asistencia non recibiu o correo electrónico co plan de viaxe, facédenolo saber por se houbo algún erro. Gracias.

Coma sempre, estamos á vosa disposición para calquera dúbida que teñades ou cuestión que non se recolla no plan de viaxe. Podedes contactarnos a través do correo electrónico da Escola de Atletismo (escolalucus@gmail.com), nas redes sociais, de forma presencial na oficina do club ou nos tlf. de contacto dos/as monitores/as, para calquera cuestión relacionada con esta concentración.

Vémonos mañá!!
 

Enlace con la noticia original: CONCENTRACIÓN DE ATLETISMO en MONFORTE (7 e 8 de abril)

Mas noticias relacionadas