O ciclismo galego gardará un minuto de silencio nas probas desta fin de semana polo tráxico accidente de Mallorca

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

O mundo ciclismo volve estar de loito por unha nova traxedia nas estradas españolas. Nove ciclistas foron atropelados este xoves en Mallorca por un vehículo todoterreno e un deles faleceu nas últimas horas. 

A Federación Galega de Ciclismo desexa transmitir o seu máis sentido pésame aos familiares e amigos da vítima e amosar o seu apoio ao resto de ciclistas que resultaron feridos.

Para render homenaxe a todos os afectados por este accidente, gardarase un minuto de silencio en todas probas que se celebrarán en Galicia durante esta fin de semana. 

Máis ciclistas mortos non!


Enlace con la noticia original: O ciclismo galego gardará un minuto de silencio nas probas desta fin de semana polo tráxico accidente de Mallorca

Mas noticias relacionadas