Campionato de España Elite en Ruta: Froiz e Cortizo subiron ao podio, Blanco foi o mellor galego

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Alejandro Valverde (Movistar) proclamouse este domingo campión de España en Ruta na carreira Elite-UCI e Elite na que os tres equipos galegos participantes estiveron representados no grupo dos elixidos. Dous deles, o Supermercados Froiz e o Aluminios Cortizo, pisaron o podio da categoría Elite. 

A 18 segundos do vencedor e do seu paisano Luis León Sánchez (Astana) entraron dezanove perseguidores na liña de meta de Murcia. Nesa selección había cinco corredores elites que se xogaron as medallas da súa categoría ao esprint tras 194 kilómetros de percorrido. Julio Alberto Amores (Electro Híper Europa) adxudicouse o ouro ao ocupar a 9ª posición absoluta, mentres que o burgalés Jesús Arozamena (Froiz) e o hispano-arxentino Jorge Martín Montenegro (Cortizo) fixéronse cos outros dous metais, remantando 12º e 13º respectivamente. 

A quinta praza elite, e a 19ª na clasificación conxunta, correspondeu a Samuel Blanco (Vigo-Rías Baixas). O redondelán foi o mellor de todos os galegos que estiveron en liza, tanto amateurs como profesionais. 

 

Clasificación 


Enlace con la noticia original: Campionato de España Elite en Ruta: Froiz e Cortizo subiron ao podio, Blanco foi o mellor galego

Mas noticias relacionadas