
Publicado por: F.G. Atletismo
Leticia Barbosa do ADAS CUPA cun crono de 18:05 e Alex Sierpres do Vicky Foods con 14:52, proclámaronse esta fin de semana campións galegos absolutos da proba dos 5K na edición levada a cabo en O Barco de Valdeorras na que tomaron parte preto dun cento de atletas.
Xunto aos gañadores, estiveron ocupando posto de podio Miguel Quintáns do Coruña Comarca a 41 do primeiro e o campión galego da edición de Vimianzo-2018 Alejo Ares do ADAS CUPA, a 44. Na categoría feminina lograba o subcampionato de Galicia Noa Mirantes do Marineda Atlético a 24 segundos da gañadora sendo bronce Laura Porto do Rías Baixas a 25.
Compre salientar os récords galegos logrados tanto por Carmen Rodríguez do SD Compostela na F70 con 23:34 como o de Manuel Suárez do Veteranos de Samil na M65 con 18:41. Pola súa contra, Almudena Alvarez do At. Bergondo convertíase na primeira atleta da entidade en lograr un título galego para o su club.
Gañadores por categorías
- Absoluta. Leticia Barbosa (ADAS CUPA) e Alex Sierpes (V.Foods)
- Sub23. Noa Mirantes (Marineda At.) e Miguel Quintans (Coruña Comarca)
- Sub20. Helena Celada (Ría Foz) e Christian Sierpres (V.Foods)
- Sub18. Laura Porto (Rías Baixas) e Alex Sierpes (V.Foods)
- Máster35. Alejo Ares (ADAS CUPA) e Amira Simón (SD Compostela)
- Máster40. Almudena López (At. Bergondo) e Ismael Lago (S.M.Marín)
- Máster45. Martina Tasende (ADAS CUPA) e Juan José Álvarez (ADAS CUPA)
- Máster50. Loreto Sambade (Triki Team) e Jose C. Ferreira (SD Coompostela)
- Máster55. Rocío Díaz (SD Compostela) e Ramón Serantes (Coruña Comarca)
- Máster60. Luz Domínguez (Burgas Ou.) e Saturnino González (Ourense At.)
- Máster65. Manuel Suárez (Vet.Samil)
- Máster70. Carmen Rodríguez (SD Compostela) Domingo Álvarez (Egobarros)
- Máster75. José Rey (Vet. Samil)

O artigo Leticia Barbosa e Alex Sierpes campións galegos dos 5K publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Leticia Barbosa e Alex Sierpes campións galegos dos 5K
