Loreto Pérez, mellor xuíz de atletismo RFEA 2023

Publicado por: F.G. Atletismo

A xuíza viguesa internacional Loreto Pérez Román, acaba de ser distinguida polo Comité Nacional de Xuíces como a “ Mellor xuíz de atletismo do ano 2023” segundo ratificación da  Xunta Directiva do citado organismo.

Esta distinción concédese anual e individualmente á mellor xuíz/xuíza estatal segundo o criterio de  “…jueces que de una forma significativa se hayan distinguido por su especial conocimiento de las Reglas, su puesta en práctica de forma acertada, atención al colectivo, situaciones especiales en el Juzgamiento y dedicación al Estamento en cualquiera de sus facetas”

A traxectoria de Loreto é ampla e dilatada figurando estre as súas actuacións máis importantes as desenvoltas este mesmo ano no Campionato Mundial Universitario en China, o Campionato do Mundo de Budapest e o Campionato de Europa de Pista cuberta en Belgrado. De igual modo tomaba parte o ano pasado no Campionato do Mundo Sub20 celebrado en Colombia, actuando como delegada técnica en numerosos encontros internacionais nos últimos anos.

Na actualidade é xuiza nivel 3 RFEA, estando a nivel internacional no máximo nivel da súa categoría World Athletics Referee Gold Level.

Xuízas e xuíces galegos distinguidos.

A distinción lograda por Loreto, súmase as xa logradas pola xuíza Dolores Rojas, na súa primeira edición do ano 2002, a quen lle seguiría Jorge Blanco no 2011, Ángel López-Montesinos no 2012 e Manuel Garrido no 2021 e que representan un recoñecemento á calidade do colectivo das nosas xuízas e xuíces.

O artigo Loreto Pérez, mellor xuíz de atletismo RFEA 2023 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Loreto Pérez, mellor xuíz de atletismo RFEA 2023

Mas noticias relacionadas