LXIII Campionato de Galicia Sub18 en Pista Cuberta +Control

Publicado por: Ourense Atletismo

A Federación Galega de Atletismo organiza o Campionato de Galicia Sub18 o 8 de febreiro na pista cuberta do Pazo dos deportes de Riazor en A Coruña.

Existirá unha cota de inscrición de 3 Euros

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 4 de febreiro. Unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición abrirase outra pasarela para poder facer inscricións fóra de prazo ata o xoves ás 14:00.

Limitación de probas:
– Cada atleta só poderá inscribirse nun máximo dúas probas nas que teña mínima. Os que estean sen mínima poderanse inscribir en varias.
– No caso de participar en dúas carreiras, só unha poderá ser de distancia superior ós 200 metros.
– Unha vez publicadas as listas de admitidos, aqueles atletas que se inscribiran en varias probas por non ter a mínima solicitada, deberán darse de baixa se superan o máximo de probas permitidas (dúas).

Reglamento

 

A Federación Galega de Atletismo organiza o V Control en Pista Cuberta o mesmo día, na pista cuberta do Pazo dos Deportes de Riazor en A Coruña.

As inscricións faranse a través do sistema online da web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 4 de febreiro. existirá unha cota de inscrición de 3 Euros.

Pasado o prazo de 24 horas de publicadas as inscricións, calquera baixa non xustificada levará consigo a perda da cota de inscrición correspondente. Neste tempo tamén poderán facerse inscricións fora de prazo o que leva unha multa de 3€ por participante ata o xoves 6 de febreriro ás 12:00 e sempre coa autorización da (direcciontecnica@atletismo.gal).

As probas son para as categorías sub12 en diante e o horario será todo o día segunda as probas convocadas.

Reglamento


Enlace con la noticia original: LXIII Campionato de Galicia Sub18 en Pista Cuberta +Control

Mas noticias relacionadas