Máis de 1000 inscritos no Gran Fondo Caixabank tras pechar o prazo reducido das inscricións

Publicado por: S.G.Pontevedra

As inscricións do Gran Fondo Caixabank aumentaron considerablemente las últimas horas. A finalización do prazo cun coste máis baixo para anotarse supuxo un incremento nos participantes. Agora o evento, que se celebrará o próximo 15 de outubro, conta con más de 1000 inscritos.

En total, son 1111 participantes entre as tres probas. No medio maratón, hai 747 participantes; nos 10km a cifra é de 316 e na proba dos cativos hui 48 anotados. Lembramos que en todas as distancias hai aforo limitado de participación.

Quedan aínda 7 días para poder apuntarse. Agora as inscricións aumentan de prezo ata ás 23:59h do próximo 8 de outubro. Os que queiran participar no medio maratón pagarán unha tasa de 30€, mentres que para os 10€ o prezo será de 15€. A proba de menores segue costando 1€.

As inscricións realízanse desde a páxina web do Gran Fondo Caixabank.


Enlace con la noticia original: Máis de 1000 inscritos no Gran Fondo Caixabank tras pechar o prazo reducido das inscricións

Mas noticias relacionadas