Publicado por: Ourense Atletismo
Manuela Blanco obtivo a súa primeira medalla nun campionato de España ao ser bronce no Campionato de España Universitario celebrado en Madrid. Obtivo a terceira posición cun mellor salto de 3.70 metros, fallando os 3.80, altura na que se repartiron o ouro e o bronce. Nun concurso marcado polo vento, fixo un primeiro salto válido en 3.40, superou á segunda os 3.60 e pasaría á primeira tentativa os 3.70 cos que finalmente se quedaría como marca.
Tamén participou cun moi bo resultado Leyla Villar. A nosa atleta rematou sétima na súa serie dos 1.500 metros parando o crono en 4:39.71, a catro centésimas da atleta que pechou o cupo de atletas clasificadas por tempo. A súa serie foi liderada pola olímpica Esther Guerrero, quen posteriormente gañaría na final.
Magnífica experiencia para ambas atletas nun campionato un pouco diferente, no que Manuela defendeu á Universidad Europea de Madrid e Leyla á Universidad de Santiago de Compostela.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Campeonato de España Universitario de Aire Libre
La entrada MANUELA BLANCO BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: MANUELA BLANCO BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO