MANUELA BLANCO CAMPIOA DE ESPAÑA

Publicado por: Ourense Atletismo

No Campionato de España sub20 celebrado en Villafanca de los Barros, Badaxoz, participaron catro atletas do noso club. A actuación máis destacada foi a de Manuela Blanco, quen se proclamou campioa de España en pértega.

O representante masculino foi Daniel Villanueva, quen cun mellor lanzamento de 50.68 terminou en décimo segunda posición, a case cinco metros da mellora. Daniel rematou contento, aínda que co sabor agridoce por considerar que podería dar algo máis.

No apartado feminino, Laura Freire participou tanto nos 100 lisos coma nos 200. No hectómetro rematou a súa serie en sexta posición, parando o crono en 12.61, o que lle valeu para ser a vixésimo primeira na clasificación xeral. Nos 200 metros rematou tamén a sexta da súa serie con 26.00, pero mellorando a clasificación xeral, ao ser a décimo sexta.

Leyla Villar competiu nos 1.500 comezando cunha vitoria na súa semifinal con 4:46.99. Na final rematou en novena posición con 4:55.72, a seis segundos da praza de finalista.

O ouro de Manuela Blanco en pértega chegou despois do susto na súa altura inicial, xa que pasou o 3.65 á terceira tentativa. Tras superar ese obstáculo, superou o 3.75 á primeira, valéndolle para gañar o campionato. Posteriormente faría os tres nulos cos que quedou eliminada en 3.90.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España Sub-20

La entrada MANUELA BLANCO CAMPIOA DE ESPAÑA apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: MANUELA BLANCO CAMPIOA DE ESPAÑA

Mas noticias relacionadas