Marea galega nos mundiais máster

Publicado por: F.G. Atletismo

Un importante número de atletas máster de Galicia tomará parte durante os días 4 ao 16 no Campionato do Mundo de Aire libre que terá por escenario o Estadio de Atletismo da cidade de Málaga.

Coma sempre que un evento destas características sucede preto da nosa comunidade, a expectación xerada foi moi importante nun colectivo de atletas moi activo que conta cada vez con mais peso e importancia no noso deporte.

Entre os  que se achegarán ata a cidade andaluza, destaca a presenza dun importante elenco de medallistas e plusmarquistas mundiais entre os que se atopan entre outros  Pepín Rioseco, Luis Nogueira,  Sole Castro, Mari Angeles Rodríguez ou Emilia Mesa. O obxectivo non será outro que tentar subir o listón e mellorar os recentes éxitos do noso deporte nos europeos de pista cuberta que se desenvolveron no mes de marzo en Madrid.

Lembramos que o último Campionato do Mundo correspondería ao ano 2016 en Perth (Australia) onde Soledad Castro lograría un bronce na proba de media marathon e a que acudirían un total de catro galegos .

Páxina web Málaga-2018

Relación atletas galegos e galegas inscritos

O artigo Marea galega nos mundiais máster publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Marea galega nos mundiais máster

Mas noticias relacionadas