Moita calidade e cantidade nos galegos máster

Publicado por: F.G. Atletismo

Gran campionato no participativo e no de resultados o vivido esta fin de semana na pista cuberta de Ourense na disputa do autonómico máster onde se lograrían nada menos que un total de 15 novos récords de Galicia e un de España.

Para comezar, e unha vez máis, a sempre competitiva Esther Pedrosa lograría sobre os 800 m. un rexistro de 2:32.19 o que representa un récord de España W55 de pista cuberta, que mellora ós 2:33.36 que estaban vixentes dende o 2013. Este récord súmase ó que a atleta santiguesa xa ten de pista cuberta nos 3.000 con 10:44.15 establecido o ano pasado nestas mesmas instalacións.

A velocidade tería en Juan Caamaño do Marineda ó seu protagonista ó establecer na categoría M45 os récords galegos tanto nos 60 m.con 7.58 como nos 200m. con 24.74. Sen abandonar o doble hectómetro, Fernando González do ADAS Proinor acadaría na M65 un tempo oficial de 30.33.

Os 400 m. terían protagonismo compartido da man de José Fernández do Verxel Nutrición na categoría M55 con 59.48; Eva Castro do A. Narón na W35 con 1:02.89 e María Aida Fernández do Veteranos de Ourense na W60 con 1:21.91

María Elisa Paz do Egovarros de Viviero establecería na proba raiña do medio fondo, os 1.500, un rexistro de 6:21.10 que representan unha nova plusmarca autonómica na W60 con 6:21.10, o mesmo que Emilia Mesa do Ourense Atletismo, quen agrandaría o seu palmarés, desta vez no concurso de lonxitude na W65 con 3.32 m.

Nuria Fernández do Ourense Atletismo na W50 con 10.86 m. e Manuel Rodríguez do Real Club Celta na M70 con 9.81 serían os protagonistas no concurso de peso ó protagonizar sendas plusmarcas autonómicas sobre as súas categorías.

A marcha, que volvía a uns campionatos de Galicia de pista cuberta máster logo de moitos anos de ausencia, viría como tanto Rosa Sierra Palmeiro na W55 do C.A. Sada con 17:22.89 como Juan Morales del Castillo do Marineda con 12:23.41, acadaban novos rexistros autonómicos sobre a distancia dos 3.000 m.

Por último o Atletismo Sada na W55 e o Atletismo Narón na M40, serían a nivel equipos quenes inscribirían o seu nome na táboa de récords con 2:46.05  e 1:41.99 sobre a proba dos 4×200 m.

Resultados

Foto:Ollodexan

O artigo Moita calidade e cantidade nos galegos máster publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Moita calidade e cantidade nos galegos máster

Mas noticias relacionadas